Desculpe, é tarde demais para se inscrever para este evento.

Global Climate Strike

Brigada deseucaliptizadora en Froxán (Lousame)

28-9-2019, 09 : 30
Área Conservada pola Comunidade de Froxán
Froxán (Lousame)
Froxán, 15212, Spain
O 28 de setembro as Brigadas deseucaliptizadoras de Verdegaia únense á Mobilización Global polo Clima colocando en destaque a necesidade de actuar de inmediato e con urxencia frente á crise climática. Farémolo recuperando unha turbeira drenada polos Servizos Forestais nos anos 1970 na Área Conservada pola Comunidade Veciñal de Froxán (Lousame) e eliminando eucaliptos en toda a súa contorna. As turbeiras representan importantísimos reservorios de carbono e a súa continuada destrución e degradación contribúe para a emisión de CO2 á atmósfera. A actuación comezará ás 9:30 e finalizará ás 14:00, dándolle continuidade cun xantar de albaroque ofrecido polas entidades anfitrioas de Montescola e a Comunidade Veciñal de Froxán. Na parte da tarde celebraráse a IV Romaria da Coluna Sanfins con coloquios e debates, así como a presentación do libro "Mancomunidade". Máis información e inscricións en: http://verdegaia.org/brigadas/archivos/536

Desculpe, é tarde demais para se inscrever para este evento.

Procure outro evento